jueves, 16 de junio de 2011

SEMPRE

Estarás ali sempre
onde non chega o sol,
estarás para sempre
onde xa non hai cor.
Sempre percorrerei
o camiño que fan as tuas bágoas:
os teus ollos,
as tuas meixelas
ata caer nun precipicio sen fin,
como unha fervenza
e morrer no rio da vida.

Serás o vento que camiña ó meu lado,
miña vida.
Serás a auga morna,
que ó mar retorna.
Sempre serás a xente
que perturba a miña mente.
Serás ó fin
a áuga,a luz,
o vento,o sol,
o mar azul.
Serás para sempre ,en fin,
o ola e o adeus
que estará sempre en min.